martes, 21 de junio de 2016

CROWDMAP

O alumnado de Latín de 1º de BAC e de Cultura Clásica de 4º de ESO compartiu algunhas das súas fotos no Crowdmap, iniciativa do Departamento de Tecnoloxía.

 


martes, 7 de junio de 2016

VIAXE ÁS MÉDULAS



VIAXE ÁS MÉDULAS ORGANIZADO POLOS DEPARTAMENTOS DE TECNOLOXÍA, CLÁSICAS E LENGUA CASTELLANA.

O romano foi un pobo de grandes enxeñeiros que perfeccionou as tecnoloxías doutros pobos, principalmente dos gregos. Porén, o avance da técnica tamén leva aparellado as veces a destrución de ecosistemas. As Médulas é un deses exemplos de “destrución masiva” do habitat e a formación a partir de entón dun habitat totalmente distinto.


A nosa primeira parada foi no pobo de Carucedo onde visitamos o lago artificial que xurdiu a partir das desviacións fluviais creadas para a explotación dos recursos auríferos da zona, explotación que xa levaran a cabo os astures con métodos artesanais menos destrutivos.


Os romanos empregaban técnicas máis desenvolvidas e audaces, que consistían na escavación dunhas galerías subterráneas sen saída que, ó ser enchidas de auga, derrubábanse pola presión que se orixinaba. Este método coñecido como “ruína montium” foi o que ocasionou este relevo tan característico das Médulas.