jueves, 14 de abril de 2016

UNHA VIAXE CO PROXECTO TERRA

VIAXE A SAN PAIO DE NARLA E BATITALES ORGANIZADA POLOS DEPARTAMENTOS DE TECNOLOXÍA E CLÁSICAS.

San Paio de Narla recrea o ambiente e os espazos da Galicia rural dos señoríos nos séculos XV e XVI. Está composto por tres corpos, máis a capela, e nel mestúranse elementos construtivos dos séculos XVI ó XIX (máis as reconstrucións do século XX), aproveitando muros e materiais da edificación medieval. Hoxe convertido en Museo Etnográfico, resulta un marco idóneo para que o alumnado deixe fóra dos seus muros a súa vida chea de tecnoloxía e se adentre, como se dunha máquina do tempo se tratara, noutra época, non tan lonxana, na que non había electricidade, nin teléfonos móbiles, nin coches, nin plásticos. Onde os homes se batían en duelo con pistolas e espadas e as mulleres fiaban no tear mentres o caldo se facía no pote.