jueves, 18 de junio de 2015

A CULTURA GRECOLATINA NO PROXECTO RÍOS

Este traballo interdisciplinar que ten os ríos como tema central e común ós distintos departamentos, levámolo a cabo o grupo de 4º ESO de Latín e Cultura Clásica aproveitando, na parte de vexetación dos ríos, o traballo que fixera o curso anterior o departamento de Bioloxía para o mesmo proxecto. Engadimos o significado dos nomes científicos e o uso que lle daban os pobos antigos. Esta foi a nosa idea nun principio que logo ampliamos coa mitoloxía relacionada cos ríos e as fragas que os rodean, os deuses e deusas que coidaban de toda esa vexetación e das augas, e tamén coa enxeñería romana vinculada ós ríos, que aínda hoxe perdura.